En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 48: Todo ten consecuencias

Con Bárbara de parto, o momento de cumprir todas as súas promesas achégase para Carmelo. O herdeiro dos Matalobos está a piques de nacer e o mundo no que terá que crecer está construíndose agora mesmo. Ou, máis ben, destruíndose, segundo a política de terra queimada de Carmelo. E é que tras o asasinato de Bardanca e Malpica, xefes de clans rivais, logrou eliminar a case toda a competencia en Sardiñeira. Pero agora debe render contas ante Andriana Calderón e os seus. E con Mateo Veloso disposto a vingar a morte dos seus socios, o xefe dos Matalobos terá que andarse con coidado.