En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 42: O xogo do dominó

As primeiras detencións realizadas fan saltar as alarmas entre os Matalobos, pois algúns dos camelos poderían identificalos para recibir un trato favorable da Xustiza.

Na casa dos Matalobos a vida transcorre con aparente normalidade, e o regreso de Bárbara para recibir os coidados necesarios durante o embarazo fai que Dona Carme reviva vellos fantasmas ao descubrir que a nora mantén algún dos seus costumes antigos. Por outra parte, a relación entre Claudia e Lois chegou a un punto morto, despois das ameazas de Carmelo, pero Claudia decidirá que, por fin, xa é hora de tomar decisións pola súa conta.