En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 41: A cada pecado, a súa penitencia

Perseguido polos narcotraficantes e ignorado polas autoridades, Xabi Valiño deposita todas as súas esperanzas na cabo e ignora que a credibilidade de Seijas non pasa polo seu mellor momento, xa que asuntos internos, por recomendación do capitán Matalobos, comeza unha investigación sobre ela, así que o futuro da axente no corpo é cada vez máis incerto.

Para Carmelo o máis importante neste momento é manter a seguridade do clan, grazas a que cos micrófonos instalados na casa de Sara Campos pode adiantarse aos pasos da garda civil e dálle tempo a desmontar a súa rede de tráfico de haxix sen consecuencias graves. En canto ao persoal, o divorcio dos Matalobos está a punto de deixar de ser un problema, con Belén, a avogada de Bárbara, xogando ao seu favor.