En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 4: Dentro

O xefe dos Matalobos ordénalle a Diego, o sicario do clan e brazo executor do líder, organizar unha reunión cos xefes dos clans de Sardiñeira, tendo en conta que as investigacións xudiciais comezan a sinalar co dedo o xefe dos Matalobos: Marcos, totalmente entregado na investigación policial, acusa a Carmelo do asasinato de Veloso.

As noticias que chegan desde Colombia aumentan as preocupacións dos Matalobos, uns pais de Sardiñeira amósanse preocupados polas leas amorosas de súa filla: Lola e Pepe comentan os galanteos de Vanesa, unha moza fascinada pola aura de luxo e poder dos Matalobos, con Salva, un rapaz que traballa nun taller de tunning pero que ten as argalladas de Diego como maior fonte de ingresos.