En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 39: Rehabilitacións e reconquistas

No cuartel da garda civil andan con suspicacias, pois a probada efectividade de Eva Seijas, que acumula unha cantidade sospeitosa de incautacións de cocaína, fai desconfiar ó capitán Matalobos, que fará todo o posible para forzar a Seijas a revelar a identidade do seu confidente. Ademais, como a culpa e a fe adoitan ir ligadas e pesa máis a conciencia dos que queren salvarse, dona Carme desexa facelo e acudirá a don Gabriel, o seu párroco, para purgar a súa alma e limpar os pecados, aínda que hai crimes que nin os confesores están dispostos a perdoar.
Vanesa, a filla dos Viaño, segue a camiñar cara ao abismo, ou, o que é o mesmo, cara aos Matalobos, a pesar dos esforzos dos pais para axudala a superar as súas adicións, levándoa ao Proxecto Home.