En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 38: Segredo de confesión

Carmelo ten abertas outras frontes e agora vai ser a propia nai a encargada de complicarlle a vida ao fillo, a partir dun segredo de confesión ao que se verá sometido o párroco da Sardiñeira, Don Gabriel, que comprobará que a relixiosidade da matriarca do clan non ten nada que ver coa crueldade da que é capaz e que os pecados de dona Carme son tamén os do fillo. Pero a confianza de Carmelo e da nai respecto a que don Gabriel manteña o segredo de confesión é moi distinta.

Na casa dos Viaño chegou o momento de abrir os ollos e de enfrontar os problemas, pois o descubrimento de que Vanesa lle roubou cartos a Tino para comprar cocaína obriga a Pepe e a Lola a recoñecer que a filla é unha adicta e que teñen que axudala, aínda que parece unha tarefa difícil para unha persoa que se nega a aceptar os seus problemas. Doutro lado, ser avogada dos Matalobos podería ser considerada unha profesión de risco, pois o último que podería esperar Sara era converterse en vítima dun roubo por parte dun drogadicto desesperado por conseguir cartos.