En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 36: Non hai trato

A presión de dona Carme sobre o seu fillo Carmelo en proceso de divorcio e a cada vez maior forza das nais da Sardiñeira para combater o narcotráfico asfixia a vida do clan dos Matalobos, máis triunfante que nunca ao ver como o xefe dos Veloso podería ter que humillarse fronte a Carmelo para entrar no negocio do haxix.

As constantes intromisións de dona Carme na vida do fillo obrigan a Carmelo a confesarlle que Bárbara está embarazada e a concluír que a prioridade da familia é conseguir que esa criatura medre baixo o seu coidado. Pero para Carmelo Matalobos hai outra preocupación importante, xa que a nova asociación das nais da Sardiñeira contra a droga, formada na súa maioría por empregadas da conserveira, comeza a ter máis repercusión da que os seus negocios poden permitirse; sendo como é unha Matalobos, Claudia verase obrigada a elixir entre os intereses das súas traballadoras e os da súa familia.

Coa Garda Civil controlando cada movemento dos Matalobos e coa unidade vixiando a casa de Rafael as vinte e catro horas do día, o plan para sacar o antigo sarxento e a súa familia de España pode resultar demasiado complexo...