En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 34: Separación de bens

Cando as cousas parecen funcionar para Carmelo, novas frontes de conflito ensombrecen o seu horizonte, para comezar polos asuntos familiares, xa que Bárbara Juve se lle arrepón, decidida a seguir adiante cos trámites de divorcio e pelexar por todos e cada un dos bens que considera seus, e vaise gardar algún ás na manga para asegurarse de gañar a batalla...

Mentres o seu matrimonio se derruba, Carmelo ten que enfrontar outra dificultade, xa que os veciños da Sardiñeira xa non se atemorizan e comezan a facerlle fronte coas protestas da Asociación de Nais Coraxe contra a droga que sinala os Matalobos como os responsables principais do tráfico de drogas na vila.

Pero os problemas de Carmelo non se limitan ás protestas veciñais nin da súa familia, xa que a volta á actividade de Zico Gonçalves, antigo número 2 do clan, despois da súa saída do cárcere, esperta receos no home que ocupou o seu lugar, Diego Dourado: os egos enfrontados dos dous sicarios fan que a loita polo poder pareza inevitable e obriga a Carmelo a manter un equilibrio complicado dentro do clan.

No cuartel, o máis que probable traslado a unha prisión fóra de Galicia de Rafael Ferreira, ex axente implicado no "Sumario Matalobos", pode ser a baza que a Garda Civil necesitaba para convencelo de que declare contra Carmelo...