En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 3: Pecados

Arturo Campos converteuse na peza máis cobizada de Sardiñeira. Dunha parte, Marcos e a xuíz Mosteiro ven no avogado a chave coa que desartellar o clan dos Matalobos. 

Marcos, xefe da operación policial antidroga posta en marcha pola xuíz Olaia Mosteiro, está seguro de que Campos non vai traizoar aos Matalobos. Mentres, seu irmán Carmelo, logo da detención de Campos, reúnese cos outros xefes para calmalos e convencelos para adoptar unha postura conxunta fronte aos narcotraficantes colombianos.

Carmelo, que está moi nervioso e inquedo coa detención do avogado, recrimínalle a Dona Carme que defenda a Marcos logo de regresar para apuñalos polas costas: está claro que para a matriarca a familia é o primeiro.