En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 27: Saír adiante

O escenario para o clan dos Matalobos parece ir mellorando e vese unha luz ao final do túnel, xa que o xefe Carmelo está convencido de que a mellor maneira de axudar a seu fillo é contraatacar, posto que o diñeiro conseguido tras eliminar a Xosé Louro, o confidente da Fiscalía, é insuficiente para cubrir a débeda con Adriana.

A evolución do secuestro de Iván abriu varias gretas entre os membros do que era o clan máis poderoso da Sardiñeira: Claudia, a irmá de Carmelo, comeza a dubidar da capacidade da familia para solucionar a crise, e a súa cuñada Bárbara Juve, superada polos acontecementos, intentará atopar solucións alternativas ás que propón o seu home.

Pola súa parte, na casa dos Viaño xa non se agochan segredos, xa que, levados polos acontecementos, pai e filla confésanse unha parte importante das súas respectivas relacións cos Matalobos, aínda que quedan algunhas historias por contar. Mentres tanto, agora que Pepe por fin se recuperou das súas lesións, Carmelo non deixará pasar a oportunidade de interesarse polo antigo empregado do pai.