En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 25: Débedas herdadas

Carmelo ve como o futuro de seu fillo Iván pende dun fío. Así, Bárbara, a nai, perde os nervios e busca acougo no alcol e na cocaína; ademais, a conta atrás imposta por Adriana Calderón obriga a Carmelo a mover ceo e terra para intentar reunir o millón de euros que necesita para salvar a vida do fillo. As dificultades chegan ao extremo de ter que recorrer a un vello socio que se dedica ao préstamo de diñeiro.

Pero o pagamento do rescate non é o único problema ao que ten que ter facer fronte o narcotraficante, xa que a xuíza Olaia Mosteiro está á espera do máis mínimo erro do xefe dos Matalobos para acabar co seu negocio...