En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 21: Estrañas alianzas

A maior descarga da historia da Sardiñeira está en marcha, e Carmelo, para recuperar o poder, está disposto a recorrer a quen faga falta. Malia a todo o maior prexudicado de esta historia non levará o apelido máis coñecido da Sardiñeira. Trátase de Diego Dourado, home de confianza de Carmelo, ao que seu xefe prometera a cesión dunha praia durante a descarga. Pero, coa perda da presidencia, Carmelo viu reducida a súa área de actuación en tres praias e parece que ningunha será agora para Dourado. Isto podería acabar coa lealdade do maior defensor dos Matalobos.