En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 20: Sen saída

O accidente de Iván Matalobos, o fillo adolescente do xefe, carismático e mal estudante, pon a Carmelo contra as cordas. O tenente Táboas písalle os talóns e non pensa parar ata velo entre reixas, así que agora manter a salvo a familia é a prioridade dos Matalobos.

A familia enteira mobilizarase para superar a situación: O xefe do clan está disposto incluso a pagar polos delitos de seu fillo. Mentres, Dona Carme, a matriarca, comeza actuar ás súas costas para intentar salvar a conserveira.