En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 19: Cara adiante

Os Matalobos enfróntanse a unha situación que endexamais tiveran imaxinado. A familia, pasa nos últimos tempos por unha serie de problemas que semellan non rematar. Agora que, por fin, lograran resolver a súa débeda con Arturo Campos, o clan terá que facer fronte a unha nova complicación que xurdirá no corazón da propia familia. Iván e o seu amigo Nano, tiveran un accidente co coche de Carmelo e fuxiran sen lle prestar auxilio á vítima, un neno de dez anos. Cando Carmelo o descobre, apresúrase a ocultar as probas e argalla un plan para que o seu fillo eluda a xustiza.

E é que parece que os Matalobos foran marcados con algo especial que lles impide sairse do seu particular camiño. Xa o vaticinaba Bárbara Juve no seu día: un Matalobos sempre será un Matalobos, e nunca poderá escapar ao seu destino...