En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 18: Saldar contas

Os problemas crecen ao redor dos Matalobos. O pasado ameaza con salpicar a dona Carmen. Arturo Campos, cada vez máis desesperado pola súa situación, séntese abandonado polo clan máis poderoso de Sardiñeira; por unha vez, parece estar disposto a escoitar os consellos da súa filla Sara.

Rafael Ferreira, o topo de Carmelo na Garda Civil, empeza a ter serios problemas no cuartel e isto podería acabar cun dos contactos máis frutíferos dos Matalobos. Ademais, a conserveira, o negocio familiar que durante anos serviu de tapadeira para as actividades ilícitas do clan, podería acabar en mans do consorcio. Carmelo debe atopar unha solución para todos os seus problemas.

Iván e o seu amigo Nano, ambos cunha copa de máis, teñen un accidente co coche de Carmelo. Como consecuencia un neno resulta gravemente ferido; o peor é que fuxen do lugar dos feitos sen prestarlle auxilio...