En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 17: Asuntos internos

Na Sardiñeira todo o mundo ten algo que agochar. O taboleiro de estratexias de Carmelo Matalobos dá a impresión de certa inestabilidade, primeiro porque as sospeitas medran ao redor do sarxento Rafael e porque o caso de Olaia contra Arturo Campos e o clan dos Matalobos sofre un revés pola intervención de Bárbara, a muller de Carmelo. Ademais, Sara, filla de Campos, tamén lle fixo fronte ao xefe do clan; mentres, os actos de Vanesa, moza fascinada polo luxo e o poder dos Matalobos, non teñen marcha atrás.

O caso de Olaia Mosteiro contra Arturo Campos e o clan dos Matalobos sufriu un duro revés, tras a declaración de Bárbara Juve. Sara Campos, a filla do avogado, tras ser testemuña da traizón dos Matalobos, decidiu plantar cara a Carmelo. A moza letrada desafiou ao capo e os seus actos seguro que lle carrexarán serias consecuencias. Ninguén desafía a un Matalobos en Sardiñeira... ou, polo menos, así era ata hora. Quizais agora, Sara Campos preste máis atención ás advertencias de Marcos Matalobos.

Pola súa banda, a que parece non ter medo a nada é Vanesa Viaño, agora é unha máis na órbita dos Matalobos. Sen sabelo, a moza seguiu os pasos do seu pai. A verdade coñecíaa Lola Viaño: Pepe Viaño, antes de formar unha familia, traballou como matón para o pai de Carmelo Matalobos.