En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 13: O home que veu de Colombia

Carmelo conseguiu saír airoso da operación de descarga para os colombianos, pero grazas á intervención de Diego Dourado, a súa man dereita. A paciencia de Adriana Calderón tocou fin e un sicario viaxa desde Colombia rumbo á Sardiñeira para acabar coa vida do xefe do clan dos Matalobos.

Carmelo sabe que as cousas non van ben, pero quizais o maior problema de Carmelo está na súa propia casa: Bárbara, da que o narcotraficante nin se imaxina que se fixo confidente da Garda Civil.

A tensión aumenta ao saber que Adriana ordenou a execución do xefe dos Matalobos.