En Serie

Mareas vivas Mareas vivas

Capítulo 21: A importancia de Melgacho

A vila mariñeira de Portozás, na Costa da Morte, non deixa de ser un núcleo de acontecementos imposible de aburrir a ninguén. A denuncia dun posible delicto ecolóxico por mor do fútbol e as galiñas que non poñen ovos; a enfermidade de Melgacho e a coincidencia coa falta de peixe; o roubo de cruceiros e a aparición dun bebé na porta do xulgado, son algúns dos feitos que alteran a vida desta aparente tranquila vila mariñeira.

A enfermidade de Melgacho vai ser motivo de preocupacións entre os veciños de Portozás, que convertirán este feito nunha explicación case matemática da falta de peixe, relación que parece confirmarse cando Melgacho volve á vila e, con él, tamén o peixe.

A doutora Berta e o xuíz Andrés manterán un encontro nocturno que servirá para consuma-la súa relación.

Na mesma liña das crenzas populares, na escola tamén esperta a imaxinación da xente, cando o mestre dá unha clase sobre o desembarco, hai séculos, de piratas en Portozás, e as batallas que se libraron nesas costas.

A partir de aquí, Iria e unhas amigas encontran na praia unha botella cunha mensaxe falando dun tesouro agachado na costa...