En Serie

Mareas vivas Mareas vivas

Capítulo 2: Abellas, terras e propietarios

Don Florencio, o mestre da vila, está criando abellas nun prado da vila. Evarista Currás, o percebeiro, achégase demasiado ás colmeas a pesar das advertencias de Florencio e resulta atacado polos insectos. Coa axuda de Ladislao Couto, o avogado fillo de Ramón, Currás inicia un preito contra Don Florencio. A cousa empeora cando as colmeas aparecen desfeiras e o mestre culpa a Currás do desastre.

Mentres, Ramón Couto intenta comprarlle un terreo á súa inimiga, a alcaldesa Celia Rei, a única capaz de pararlle os pés. Ramón asegura que, por unha vez, non quere as terras para facer negocios inmobiliarios, senón por razóns sentimentais que non se atreve a explicar.

Finalmente, terá que confesar que quere compra-lo prado para facer un campo de fútbol, o vello soño de Ramón, que de novo foi futbolista profesional.

Andrés, o xuíz, que acaba de chegar, comeza a intimar con María Ares e a facer amizade co dono do bar da vila, Celso Puga, coñecido por todos como Petróleo. Pero Andrés vai recibi-la visita de Mónica, a que fora a súa moza en A Coruña e que non se resiste a que a relación rematara. Mónica intenta convecelo de que deixe Portozás e volva ó bufete.