En Serie

Luci Luci

Ficha

Data de inicio de emisión: 
Febreiro 2014
Xénero/s: 
Comedia
Director/es: 
Jorge Coira
Actor/es: 
Dario Loureiro, Débora Vukusic, Eva Fernández, Jacobo Otero, Santi Prego, Victor Mosqueira, Mateo González
Restrición de idade: 
Sen clasificar

É a historia dunha muller normal, da súa familia, do seu traballo, das súas dificultades na vida e das súas ilusións. Luci é unha muller normal, ten 37 anos, un posto de traballo nunha das brigadas de mantemento de parques e xardíns da cidade, un piso coa hipoteca a medio pagar, un fillo, un ex-marido e unha irmá coa que fala por teléfono todas as noites. Luci é loitadora e botada para adiante. Ten a capacidade de plantarlles cara ás dificultades da vida e de sacar o positivo das malas experiencias: a separación matrimonial, o irregular rendemento académico do fillo, a adaptación a un xefe novo no traballo, a dificultade de ligar cando se perdeu o costume, etc.
Luci é boa xente, alegre e amiga dos seus amigos, pero é mellor non tirarlle do xenio. Sabe que nin a vida nin ela son perfectas. E menos mal, porque deselo, o mundo sería un lugar moi aburrido.