En Serie

Libro de familia Libro de familia

Ficha

Data de inicio de emisión: 
Febreiro 2005
Data de fin de emisión: 
Maio 2013
Xénero/s: 
Drama
Director/es: 
Mariana Carballal, Marta Piñeiro
Actor/es: 
Abelardo Gabriel, Adrián Viador, Alejandro Neira, Anxo Carbajal, Carlota Luaces, Casilda Alfaro, Celso Parada, Diana Nogueira, Gonzalo Uriarte, Graziela Zavatti, Iolanda Muiños, Iria Vazquez López, José Mª López, Lois Seoane, Lucía Regueiro, Maika Brañas, Manolo Romón, Manuel San Martín, Mara Sánchez, Suso Cortegoso, Rubén Riós, Miro Magariños, Paco Lodeiro
Restrición de idade: 
Sen clasificar

Trátase do retrato de tres familias galegas pertencentes a distintos estratos sociais, residentes en Santalla. Os Cabanas, labradores de toda a vida e propietarios dun ultramarinos, conviven cos Lamela, saga de caciques que teñen contas pendentes cos Freire, indiáns que regresan da emigración logo de facerse ricos en Venezuela.

Ó longo de toda a serie, a familia é o núcleo central e todo xira en torno ó que lles sucede, directa ou indirectamente a cada un deles. Retrátase a Galicia dos anos sesenta, na que empezan a emerxer as cooperativas, a industria e comezan a chegar os cartos da emigración.