En Serie

Hospital Real Hospital Real

Ficha

Data de inicio de emisión: 
Maio 2015
Xénero/s: 
Época
Director/es: 
Jorge Cassinello
Actor/es: 
Antonio Durán "Morris", Camila Bossa, Federico Pérez, Luis Zahera, Susana Dans, Sonia Castelo, Xulio Abonjo, Xosé Barato, Miguel de Lira, Mariña Sampedro, Pedro Alonso, Pedro Freijeiro
Restrición de idade: 
Sen clasificar

Hospital Real é unha serie da TVG que transportará os espectadores cara a finais do século XVIII para reproducir con todo luxo de detalles como era naquela época a actividade do Hostal dos Reis Católicos.

A historia sitúase a finais do século das luces, cando o Camiño de Santiago era unha vía perigosa, había inestabilidade política e o Hostal dos Reis Católicos era o hospital de Compostela. Neste contexto coñécese a parella protagonista, que deberá facer fronte ás enormes barreiras sociais que os separan. Ao nacemento desta relación amorosa uniránselle outros ingredientes como asasinatos, intrigas ou mesmo daranse a coñecer os tratamentos e a medicina da época. Cómpre salientar a esmerada realización de decorados nesta serie, exteriores e interiores, como a botica do hospital ou as salas de enfermeiras e enfermos, e o instrumental cirúrxico.

O seu amplo elenco conta con destacados actores do noso país como Francis Lorenzo, Sonia Castelo, Nerea Barros, Antonio Durán ‘Morris’, Miguel de Lira, Camila Bossa, Susana Dans, Javier Gutiérrez, Xosé Barato, Xúlio Abonjo, Pedro Alonso, María Vázquez, Tamara Canosa, Luis Zahera, Carlos Blanco e Federico Pérez.

É unha idea orixinal de Julio Casal e Mamen Quintas (Ficción Producciones) e dirixida por Jorge Cassinello, cuxo reparto vén encabezado por Mariña Sampedro e Pedro Freijeiro.