En Serie

Dalia, a modista Dalia, a modista

Ficha

Miniserie de intriga e misterio, dirixida por Giselle Llanio, con María Mera como protagonista.

O argumento artéllase arredor dunha trama de misterio, amor e superación, ambientada nos anos 50. Conta a historia de Dalia, unha moza modista que chega a Prescedo, coa súa máquina de coser Singer, na procura de respostas sobre o suicidio de súa nai. Alí, descubrirá a dobre vida que levaba a falecida e atoparase cunha vila chea de segredos, onde loitará por facer realidade os seus soños de modista.

A serie foi gravada, entre outras localizacións, no pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, e nos concellos de Noia e Vedra.