En Serie

Augasquentes Augasquentes

Ficha

Data de inicio de emisión: Outubro 2016
Xénero/s: Comedia
Director/es: Alfonso Zarauza, Jorge Cassinello
Actor/es: Antonio Durán "Morris", Isabel Risco, Manuel Millán, Miguel de Lira, María Vazquez
Restrición de idade: 
+ 7

Esta serie de ficción conta en clave de comedia a historia dunha xuíza que volve á súa vila natal despois de 20 anos na cidade e que terá que afacerse aos novos costumes, amigos e veciños.

Nas tramas de 'Augasquentes' xogarán un papel moi importante a retranca, a picardía, a perspicacia, o enxeño e a inxenuidade a partes iguais. Todo isto avalado e interpretado por unha longa lista de actores recoñecidos polo seu traballo coma María VázquezAntonio Durán 'Morris'Miguel de LiraAna TurpinDavid AmorRicardo de BarreiroSheyla FariñaPatricia VázquezJavier VeigaMarcos PereiroIsabel RiscoManuel MillánFina CallejaAlberte Montes e os nenos Judith Fernández e Andrés Collantes

A este elenco hai que sumarlle tamén unha chea de actores episódicos como Víctor Fábregas,Isabel BlancoCésar CambeiroEva IglesiasMachi SalgadoSusana DansRocío GonzálezMónica CaamañoMónica GarcíaDaniel Currás e Fernando Tato, entre algunha que outra sorpresa. A gravación levouse a cabo na vila termal de Cuntis e no pazo Cibrán de Vedra, entre outras localizacións.