En Serie

A estiba A estiba

Ficha

Setembro 2019

Xénero/s: Suspense, drama, acción
Director: Miguel Conde
Creadores: Lidia Fraga, Jacobo Díaz, Enrique Lojo e Alberto Guntín 
Actor/es: Melania Cruz, Adrián Castiñeiras, Luís Iglesia, Antea Rodríguez, Desiré Pillado, Fran Lareu, Ana Santos, Machi Salgado, Nacho Nugo, David Novas, Humy Donado, Héctor Carballo, Paula Cereixo, Lois Soaxe, Fernando Dacosta, Will Shepard, Abigail Montiel.
No mesmo día no que Manuela Fortes volve a Ardora, para substituír a seu pai Emilio á fronte da comisaría, un barco atraca no porto con toda a súa tripulación masacrada. Cando os axentes de policía intentan investigar o acontecido, atópanse con que no porto, controlado polo vello coñecido da policía César Longueira rexe unha soa lei, a do silencio.