En Serie

Escoba! Escoba!

Ficha

Data de inicio de emisión: 
Decembro 2011
Data de fin de emisión: 
Xuño 2014
Xénero/s: 
Comedia
Director/es: 
Mariana Carballal
Actor/es: 
Dorotea Bárcena, Elina Luaces, Ernesto Chao, Josito Porto, Mela Casal, Rosa Álvarez Cabo, Teté Delgado
Restrición de idade: 
Sen clasificar

Sitcom galega con 5 mulleres como protagonistas: Rosa Álvarez, Elina Luaces, Teté Delgado, Mela Casal e Dorotea Bárcena. A serie sitúa ás cinco mulleres no centro sociocultural dun barrio urbano para xogar ás cartas, á ‘escoba’, concretamente. Sobre a mesa non só haberá bastos,ouros,copas e espadas, reis e cabalos, senón multitude de temas que debullarán con ton irónico, con boa retranca.