CRTVG

Buscar

Deportes a carta

Pontevedra - Celta

01/12/2010

Pontevedra 1 - Celta 2

   O reformado estadio de Pasarón acollía o LI Trofeo Luís Otero co enfrontamento entre o equipo local e o Celta de Vigo. Malia a derrota, o conxunto granate ofreceu unha boa imaxe coa boa nova do retorno de Pepe Aicart, quen levaba oito meses sen xogar por unha grave lesión. O conxunto celeste deu mostras da súa efectividade. Sen facer un gran partido, os homes de Paco Herrera conseguían adiantarse no marcador grazas aos tantos de Papadopoulos e De Lucas. Omar Sampedro dun forte disparo á escadra reduciu as diferenzas para os locais.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí