Celta B 1 - Lugo 4
Celta 1 - Lugo 4
Primeira xornada na Segunda División B da temporada 2011/12. No campo do Barreiro, o Celta B recibía o Lugo, campión do grupo na temporada anterior. No minuto catro, os lugueses adiantábanse no marcador na primeira xogada de perigo. Belencoso de cabeza batía a Matías Dituro. Ambos os dous xogadores foron os protagonistas dun penalti no minuto 27, anotado por Manu. Para os lugueses Berodia marcaba o terceiro, tamén de penalti, e sentenciaba o encontro. Antes de chegar á media hora da segunda metade, os locais conseguían o seu gol por mediación de Jota ao executar unha nova pena máxima. Un novo erro do filial celeste na defensa provocou que Isma López aumentase a vantaxe para o equipo de Quique Setién e sumase a primeira vitoria neste inicio da competición.
