Liceo - Valdagno
Liceo 5 - Valdagno 1
Na segunda xornada da Liga Europea de Hóckey sobre patíns 2011/12, o Liceo obtiña unha contundente vitoria ante o Valdagno de Italia.
Na primeira metade, o conxunto liceista atopouse con problemas para acadar o gol. Grazas a Toni Pérez que en dúas ocasións marcaba, os coruñeses chegaban ao descanso cunha vantaxe que lle daba tranquilidade.
No segundo tempo, malia o gol dos italianos a vitoria nunca correu perigo para o conxunto local que marcou tres tantos máis e tivo numerosas ocasións ata o final do encontro.
O Liceo é segundo do seu grupo tras o Porto.
Valoración
