CRTVG

Buscar

Deportes a carta

Deportivo - Real Madrid (03/10/1992)

03/10/1992

Deportivo 3 - Real Madrid 2

O Deportivo da Coruña, adestrado por Arsenio Iglesias, iniciaba unha traxectoria de grandes resultados. Neste encontro en Riazor da temporada 92/93 derrotaba ao Real Madrid despois de que o equipo branco se adiantara con dous goles nos primeiros trinta minutos. A través de Bebeto, con dous tantos, e dun gol en propia porta de Rocha, os coruñeses dábanlle a volta ao marcador e Riazor pasaba a converterse nun campo maldito para os madridistas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí