CRTVG

Buscar

Deportes a carta

Deportivo - Murcia (09/06/1991)

09/06/1991

A coñecida "Longa Noite de Pedra" deportivista na segunda división pode estar a piques da fin. No último partido da temporada 1991-92, o conxunto dirixido por Arsenio Iglesias, se vence ao Murcia estará entre os grandes.

Lendoiro hai tres anos que preside un club ao que se lle nega sistematicamente o ascenso. Nos últimos anos queda sempre ás portas. Riazor rexistrará unha entrada histórica, o balón comeza a rodar...Fran, Xosé Ramón, Martín Lasarte, Stojadinovic buscaban a porta do Murcia...Cando de súpeto o partido se ten que deter. Un encontro imprescindible para entender todo o que sucedeu despois no Deportivo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí