Romaría da Virxe da Franqueira na Cañiza

Publicado o 28/05/2012 11:34


A Virxe da Franqueira, tamén coñecida como romaría das Pascuíñas,  é unha das advocacións marianas mais antigas de Galicia. Hai constancia de que xa se lle rendía culto no século VII.


A aparición da virxe da Franqueira remóntase ao século VII. A imaxe estivo oculta nunha cova no alto da Paradanta. Cando se descubriu a imaxe, os veciños de Luneda e Franqueira consideraban que a imaxe les pertencía.

Para rematar coa discusión, optouse por poñer a imaxe de pedra nun caro tirado por bois aos que se lles vendou os ollos e alí a onde se dirixiran os animais sería onde se lle daría culto á Virxe. Os bois decidiron que a hermida se construíse na Franqueira.

Este ano, 64 parroquias da Paradanta peregrinaron coas súas imaxes neste luns de Pentecostés, á Franqueira, no concello da Cañiza. E a Romaria das Pascuíñas onde as flores e os froitos son os principais elementos da festa.


Este ano houbo cambio de recinto para albergar aos milleiros de persoas que se achegan ata a Romaría. Houbo catro novas peregrinacións entre elas a parroquia de Padróns de Ponteareas. Cada unha inicia a peregrinación de madrugada para chegar as primeiras misas.


A Virxe da Franqueira é unha das advocacións marianas mais antigas de Galicia. Hai constancia de que xa se lle rendía culto no século VII.

Compartir en Facebook
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí