Romaría da Virxe da Franqueira

Publicado o 25/01/2011 13:01

A romaría da Virxe da Franqueira, xunto coa Festa do xamón ou a Festividade do Santo Cristo da Agonía, é considerada unha das celebracións máis importantes e multitudinarias do concello pontevedrés da Cañiza. A Nosa Señora da Fonte, como tamén se coñece esta Virxe, recibe cada ano a visita de milleiros de romeiros tanto galegos coma procedentes do norte de Portugal.

A súa veneración remóntase ao século VII, momento en que foi atopada a súa imaxe nunha gruta no alto da Paradanta. Esta imaxe é considerada polos historiadores como unha das imaxes marianas máis antigas da nosa comunidade, xunto coa da Virxe da Barca de Muxía e a Virxe das Ermidas do Bolo.

Antigamente chegáronse a celebrar ata un total de cinco festas na honra da Virxe da Franqueira na Cañiza mais, na actualidade, ao longo do ano, celébranse dúas romarías na súa honra: a de primavera ou Pascua de Resurrección (máis coñecida como “As Pascuillas”) e a de verán.

As Pascuillas celébrase sempre o luns de Pascua, mentres que a romaxe de verán se prolonga durante tres días (7,8 e 9) aínda que o seu día grande é o 8 de setembro, día do nacemento da Virxe. Ambas as dúas romaxes foron declaradas en 1999 “Festas de Interese Turístico de Galicia” pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta.

O noso compañeiro Adrián Alonso cóntanos, neste vídeo, a lenda que orixinou tal tradición peregrina, desde a mesma romaría da Virxe da Franqueira, o 24 de maio de 2010.

Compartir en Facebook
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí