Romaría da Saínza en Rairiz de Veiga
A romaría da Saínza é unha das máis coñecidas en Galicia pola escenificación da batalla entre mouros e cristiáns, e tamén pola súa longa tradición. Xa se vén celebrando desde 1840, cada 24 de setembro, para celebrar a festividade da Virxe da Mercé.
A romaría da Saínza, no concello de Rairíz de Veiga celébrase en honra á Virxe da Mercé. A misa e posterior procesión arredor da capela do lugar vense celebrando desde o mesmo ano de construción da ermida, que data de 1721. Pero a famosa batalla entre mouros e cristiáns, que remata cun espectacular ataque final con bombas de palenque, escenificouse por vez primeira en 1840.
Nesta batalla popular, á que a acoden cada ano milleiros de romeiros, os cristiáns invocan a Virxe da Mercé para gañarlles aos mouros. A batalla transcorre na torre da Saínza, unha das 4 torres vixías medievais desde a que se divisa a Limia.
Rematada a batalla os romeiros xantan nos prados á sombra das carballeiras e logo descansan á espera de que pola tarde comece o baile.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí