Os choqueiros toman as rúas da Coruña

Publicado o 13/02/2013 16:12

Quen non sexa coruñés pode que non saiba quen son os choqueiros... "Ser choqueiro é estar na casa o Martes de Entroido, coller o primeiro que atopes e saír á rúa", explica unha rapaza.




O martes de entroido é o día dos choqueiros. A chuvia e mailo frío non conseguiron deslucir esta tradicional festa e centos de coruñeses xuntáronse na rúa da Torre.

E se falamos de tradición tamén falamos de filloas. Repartíronse de balde nunha gran carpa. Os choqueiros puideron coller forzas porque a troula durou ata ben entrada a noite...

Compartir en Facebook
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí