Noite de San Xoán na Coruña

Publicado o 24/06/2012 13:14

Unha das cidades que vive con máis intensidade o San Xoán é A Coruña. É unha cita lúdica, con actividades moi variadas, que acada o punto álxido nas praias, ó redor de centos de cacharelas.

A noite do San Xoán comeza moi cedo na Coruña. Dende as tres da tarde vanse montando as cacharelas nas praias e contra as seis o Orzán e Riazor xa son unha marea humana. Hai actividades e momentos para tódalas idades. Orquestra, pasacalles, espontáneos que fan o agosto en xuño. Dende medianoite centos de cacharelas debuxan un perfil diferente da enseada.


A noite trasncorre con normalidade, interrompida tan só por pequenas queimaduras e por grandes inxestas de alcol. Para iso están eles. Policía, bombeiros, protección civil, persoal médico, voluntarios,... É un dos maiores dispositivos de seguridade que se despregan na cidade ó longo do ano. Só para asegurar que a festa acabe igual de ben que comezou.

Compartir en Facebook
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí