Milleiros de fieis na romaría da Virxe do Faro

Publicado o 08/09/2011 15:54

Cada oito de setembro os devotos da Virxe do Faro achéganse á capela do Monte Faro para honrar a Virxe e pedirlle axuda, especialmente cos problemas de saúde.

Cada ano, como manda a tradición, a véspera da romaría a imaxe da Virxe é trasladada en procesión desde a parroquia de Requeixo en Rodeiro ata o santuario do Monte Faro. Son centos os devotos que chegan ata a capela do Faro andando, pero tamén son moitos os que o fan de xeonllos, polo camiño do viacrucis.

Ata o santuario achéganse veciños de toda a comarca movidos pola convicción relixiosa e pola fe na Virxe de Faro, a que consideran unha das máis milagreiras.

Os devotos que acoden á romaría non marchan sen beber ou levar auga da fonte milagreira.

Compartir en Facebook