Festa do Xamón na Cañiza (Pontevedra)

Publicado o 31/01/2011 11:17

Xornada gastronómica que ten lugar cada 15 de agosto na Cañiza e na que se pode degustar o produto típico da vila: o xamón.

 

 

 

Tódolos anos os veciños de A Cañiza agardan con gran expectación esta cita para ofrecer o seu mellor produto e dar a coñecer o concello. Ademais deste saboroso alimento, a Feira do Xamón destaca tamén pola montaxe das infraestructuras que reciben ao visitante na Praza Maior, que se transforma nunha improvisada taberna ao aire libre.

Así, cada 15 de Agosto, os visitantes poden ademáis desfrutar dun desfile encabezado polos típicos carros do país seguidos dos mozos da vila ataviados cos traxes rexionais e portando as populares "bandeiras do xamón". Bandas de gaitas, grupos de baile e desfiles de cabezudos completan a festa.

Compartir en Facebook
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí