Festa do Salmón na Estrada

Publicado o 20/05/2012 12:15


A festa do Salmón da Estrada vense celebrando ininterrompidamente desde o ano 1974.


Este ano 2012 celebrouse a XXXIX edición. Comezou o 11 de maio co concurso de tapas e rematou o 18 de maio. Neste concurso participan os establecementos hoteleiros que ofrecen aos clientes tapas a 1 euro.

O venres 18 celebrouse  unha gran cea popular na carpa instalada na praza do concello, cun menú a base de salmón. E o domingo é o día grande da festa, e ata a Estrada achéganse visitantes e veciños da contorna para degustar 3 pinchos de salmón por un prezo de 4 euros. Por suposto, a degustación está amenizada por un grupo folclórico.

Compartir en Facebook
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí