Festa do salmón

Publicado o 25/01/2011 14:36

A comarca de Deza-Tabeirós vive cada terceiro domingo de maio unha das súas festas máis importantes: a do salmón. Este peixe, debido á súa abundancia, é o rei das augas do río Ulla que atravesan A Estrada, concello que exalta o produto dende 1974.

A comarca de Deza-Tabeirós vive cada terceiro domingo de maio unha das súas festas máis importantes: a do salmón. Este peixe, debido á súa abundancia, é o rei das augas do río Ulla que atravesan A Estrada, concello que exalta o produto dende 1974.

Con case tantos anos como xeitos de entender a degustación do salmón plasmados en diferentes pratos, esta cita gastronómica reúne ós mellores restauradores, pasteleiros e panadeiros da zona na praza do concello estradense para ofrecer ano tras ano preto de cinco mil racións do peixe.

Polo tanto, a festa non só constitúe unha homenaxe ó produto estrela procedente das augas do Ulla senón que tamén se alza como o mellor xeito de atraer ós forasteiros e dar a coñecer o lado máis saboroso de A Estrada. 

Esta cita, que vivirá este ano a súa trixésimo oitava edición, ven celebrando dende 1976 o Concurso Internacional de pesca do Salmón organizado pola Sociedade Deportiva Río Ulla. Esta tradicional actividade que quenta os motores dende unha semana antes do día grande da festa do salmón, cando se entregan os trofeos ós gañadores.

O Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), pola súa banda, fai entrega cada ano do galardón “Salmón de Ouro”, unha insignia que recoñece nalgún persoeiro unha defensa ou compromiso co produto rei das augas do Ulla.

Compartir en Facebook
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí