Feira do Butelo da Fonsagrada

Publicado o 11/02/2012 13:04

Os días 11 e 12 de marzo celebrouse na Fonsagrada a Feira de exaltación do botelo, embutido típico da zona elaborado con carne e costelas de porco. Na feira deste ano 2012 puxéronse á venda case dez toneladas de carne.

Os asistentes á Feira do Botelo puideron degustar o saboroso embutido desde as 10 da mañá do sábado, nos diferentes postos que ocuparon este ano a carpa instalada para o evento. Os visitantes, amais de  probar o embutido especial da comarca, tamén poden adquirir outros produtos derivados do porco, mel ou produtos de artesanía.

A primeira feira do botelo na Fonsagrada celebrouse no ano 1998. Pero este embutido ten a súa orixe na necesidade de conservar a carne de porco despois da matanza. Esta comarca do norte de Lugo soubo facer, no caso do botelo, da necesidade virtude.

 

Compartir en Facebook
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí