A Rapa das Bestas de Sabucedo, A Estrada

Publicado o 08/07/2012 12:59

Unha das festas galegas máis antigas e mediáticas, a Rapa das Bestas de Sabucedo, está a vivir os seus días grandes.



Ós cincuenta habitantes de Sabucedo sáelles lume das mans e do pensamento.
Levan todo o ano agardando isto.

"Agora van entrar os cabalos e de primeiras os rapaces separan os poldros a unha cuadra que está aí detrás."

Esta loita ten centos de anos, algúns aloitadores apenas dez.

"Porque nos criamos con isto, medo non hai, non hai medo."
 "Non porque sabes que a xente que levas acompañándote vai facer o posible para separar as bestas e que non leves lesións."

"E despois os maiores colleremos e xuntaremos os cabalos que haxa que saltar enriba deles e cortarémoslles as crins."

"Agora coas crins non se fai nada. Antigamente si, viña un señor mercalas para facer cepillos de dentes, e así."

Os tempos cambian, a tradición permanece.

"Os fillos si saben, eu... que vou facer! Antes si sabía: caían aplausos coma folerpos de neve; pero cando tiña corenta anos, agora xa os dobro..."

Mañá ó mediodía rematará a Rapa das Bestas 2012 cun curro solidario a favor da nena Paula e coa solta dos cabalos que se erguen co pelo curto ós seus montes de procedencia.

Compartir en Facebook
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí