CRTVG

Buscar

Especiais

Zeca Afonso. Festival homenaxe

13/04/2007

Sempre abril foi a homenaxe que a Radio Galega e a Televisión de Galicia lle tributaron ao cantautor portugués Zeca Afonso, coa participación de artistas galegos e portugueses.

Os Cantadores do Redondo, do Alentexo, abriron a festa cantando a mítica Grãndola a capela. Na homenaxe, presentada por Carlos Blanco, participaron Benedicto, Dulce Pontes, Uxía Senlle, Luis Pastor, Pepe Medeiros, Xico de Cariño, Víctor Coyote, Faltriqueira, Antón Reixa, Julio Pereira, Tito Paris e Miro Casabella. Contos velhos rumos novos, Viva o poder popular, Arcebispíada, Venham mais cinco, Eu vou ser como a toupeira ou As sete mulheres do Minho foron algunhas das pezas escollidas para ao mítico artista portugués.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí