CRTVG

Buscar

Especiais

Xornada inaugural da TVG

07/02/2013

 

A xornada inaugural comezou coa benvida aos espectadores á TVG. Déullela Dolores Bouzón, que foi a primeira presentadora que saíu en pantalla. Foi ás 19.30 horas do 24 de xullo de 1985.

 

Deseguido, xa saíu Xosé Ramón Gayoso, que foi o encargado de presentar o acto de inauguración das instalacións da TVG en San Marcos, Santiago de Compostela.

 

Na xornada inaugural, amais do acto oficial, tamén se emitiu a primeira película, "Solos en la madrugada", de José Luis Garci; a primeira curta, "Mamasunción", de Chano Piñeiro, e os primeiros anuncios publicitarios, que saíron unha hora e once minutos máis tarde de inaugurar as emisións. Os primeiros anuncios emitíronse na seguinte orde: Cola Cao, cervexa San Miguel, Nocilla e Donuts.

 

Por suposto, na xornada inaugural tamén apareceron os primeiros informativos. Os encargados de presentalos foron Mon Santiso e Xosé Manuel Maseda.

 

Os outros dous presentadores que participaron na xornada inaugural foron a poetisa Eva Veiga e o escritor Manuel Rivas.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí