CRTVG

Buscar

Especiais

Vilalba despide a Manuel Fraga cun funeral de homenaxe

19/01/2012

    En Vilalba tivo lugar unha misa na honra de Manuel Fraga á que asistiron máis de duascentas persoas. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asistiu á ofrenda floral que tivo lugar na vila natal de Fraga e destacou a capacidade que tivo para unir os galegos.

   Na sepultura en Perbes tamén continúan as mostras de afecto coa chegada de coroas desde distintos concellos de España e tamén desde o estranxeiro, mesmo foi recibido un do presidente da Autoridade palestina, Mahmud Abbas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí