CRTVG

Buscar

Especiais

Viaxe ao país de Celso Emilio (4): “A xeito de S.O.S.” (1989)

09/03/2012

O cuarto capítulo  titulado “A xeito de S.O.S” é un documental cun argumento baseado nos poemas de Celso Emilio utilizados polos cantautores da canción protesta galegos. Para falar destes poemas intervén o escritor Manuel Rivas,  os cantautores  Benedicto, Suso Vaamonde e tamén a súa viúva, Moraima.

 “Viaxe ao país de Celso Emilio” é unha serie documental realizada por Voz TV para TVG sobre a figura do escritor de Celanova. A serie foi realizada en1989, ano que se lle dedicou o Día das Letras Galegas a Celso Emilio Ferreiro.

O cuarto capítulo desta serie emitiuse o 19 de maio de 1989 e foi elaborado cun guión de Manuel Rivas.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí