CRTVG

Buscar

Especiais

Viaxe ao país de Celso Emilio (2): “Terra de ningures” (1989)

09/03/2012

O segundo capítulo  titulado “Terra de ningures”  comeza na etapa en que Celso Emilio Ferreiro ten que marchar a Venezuela en 1966 polas presións ás que estaba sometido polo réxime franquista.

O capítulo leva o título do libro de poemas “Terra de Ningures” publicado en 1969 pola editorial Xistral que dirixía en Monforte o poeta Manuel María.

Este capítulo remata en Madrid a onde regresou en 1973, despois de que Álvaro Gil o contratase para traballar na revista “Tribuna médica”. O documental recorre aos lugares que frecuentaba o escritor de Celanova: o  Café Gijón e o Ateneo de Madrid.

“Viaxe ao país de Celso Emilio” é unha serie documental realizada por Voz TV para TVG sobre a figura do escritor de Celanova. A serie foi realizada en1989, ano que se lle dedicou o Día das Letras Galegas a Celso Emilio Ferreiro.

O segundo capítulo desta serie emitiuse o 17 de maio de 1989.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí