CRTVG

Buscar

Especiais

Viaxe ao país de Celso Emilio (3): “Eu, Gulliver Ferreiro” (1989)

09/03/2012

O terceiro capítulo  titulado “Eu, Gulliver Ferreiro” é un documental cun argumento baseado nos poemas de Celso Emilio. Para falar deles conta coa presenza de Claudio Rodríguez Fer, poeta, narrador e ensaísta en lingua galega e hispanista en lingua castelá.

A música tamén é unha parte importante do documental de Celso Emilio viaxeiro, fundamentalmente a música que puxo notas aos seus poemas.

 “Viaxe ao país de Celso Emilio” é unha serie documental realizada por Voz TV para TVG sobre a figura do escritor de Celanova. A serie foi realizada en1989, ano que se lle dedicou o Día das Letras Galegas a Celso Emilio Ferreiro.

O terceiro  capítulo desta serie emitiuse o 18 de maio de 1989.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí