CRTVG

Buscar

Especiais

Viaxe ao país de Celso Emilio (1): “O soño sulagado” (1989)

09/03/2012

O primeiro capítulo é unha descrición de Celso Emilio Ferreiro; un percorrido pola súa infancia da man de persoas achegadas a el, como Moraima, a súa muller; con fotos do seu amigo Pepe Velo, e palabras de persoas que o coñeceron e trataron de preto como Manuel Gómez, alcalde de Celanova, ou o profesor Xesús Alonso Montero.

“Viaxe ao país de Celso Emilio” é unha serie documental realizada pola Voz TV para TVG sobre a figura do escritor de Celanova. A serie foi realizada en1989, ano que se lle dedicou o Día das Letras Galegas a Celso Emilio Ferreiro.

O primeiro capítulo desta serie emitiuse o 16 de maio de 1989 e está elaborado cun guión do profesor Xesús Alonso Montero.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí