CRTVG

Buscar

Especiais

Valentín Paz Andrade en “Galegos” (1985)

29/02/2012

O 4 de setembro de 1985,  cando Televisión de Galicia levaba emitindo menos de mes e medio, comezou a emisión dun programa divulgativo que tiña por título “Galegos”. Era un programa de entrevistas presentado por Xosé Antonio Silva que tiña unha hora de duración. A dirección do programa elixiu como protagonista do seu primeiro programa a Valentín Paz Andrade.

Nesta entrevista, Paz Andrade fala da influencia do Lérez na súa vida, fala entre outros temas da súa mocidade, da relación cos intelectuais galeguistas, especialmente con Castelao, da importancia do galego como idioma rico e expresivo, e dos inicios da empresa que el fundou, Pescanova.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí